Blogia

Kenodí?!

Kenodí?! proban novos universos

Kenodí?! proban novos universos

Os Kenodí?! volven dar outra ves unha lecsión de saber estar e de acompasamento cadeira-pernil. Un-dous-un-dous-tres e cansión nova!

Lembrades o seu tracklist? Sei que a prejunta é en balde porque, a estas alturas do conto, quen non se coñese xa os temas dos putos Kenodí?!

Vale, ben.

Pois xa hai un tema novo dos Kenodí?! no seu puto maiespeis. Desta ves é o temaso Plastifícame.

Desta os Kenodí?! optaron por unha cansión de poucos acordes e practicamente infumable. A quen lle dea por escoitala coa idea de que lle molará, que mire por el e os seus. Ou por ela, vaia.

En resentérrimas declarasións a este bloguiño, o seu suposto baixista puido declarar:

-Oe, pásate pola páxina web da Seaga que me quero apuntar para o do lume en verán.

Lume, post-rock de a litro e incoherensia semántica!

Se o noso pai se suisida, enterrámolo nunha rotonda!

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Kenodí?! en Maiespéis

Kenodí?! en Maiespéis

Sen previo aviso e froito dun aburrimento espeso, os Kenodí?! lansan ao espasio interior unha páxina na coñesida turbocarallada Maiespéis. O motivo deste novo e incoherente paso na carreira do mellor jrupo da sona oeste europea non é outro que un domingo sen resaca (diosnoslibredeles).

O endereso polo que vos teredes que deixar caer évos:

http://www.myspace.com/kenodigz

Nesta movida eléctronica poderedes escoitar os temas inexistentes da banda para comprobardes a incapasidade artística plena e a pouca jaña de mellorar que posúen. Polo de agora xa podedes escoitar un dos primeiro temas daquel selebérrimo Tracklist que presentaran hai tempo xa neste bloguiño: Canción curta e bonita.

Na acto de presentasión do asunto en cuestión, puidemos ver ao jrupeto acompañado dos seus amijos máis achejados e doutras manadas de curiosos e imbésiles en xeral.

En declarasións a este blogue, o cantante e alma máter dos Kenodí?! afirmou:

E isto? A min ninjén me avisou!

Os Kenodí?! sempre na llama da tecnoloxía a rentes de chan!

Kenodí?! poderían estar a preparar a súa volta aos essenarios e corredoiras

Kenodí?! poderían estar a preparar a súa volta aos essenarios e corredoiras

Sejundo puidemos saber desta case extinta páxina, os Kenodí?! están a maquinar a idea de volver a dar noxo por aí adiante. O asunto dependerá de sertos aspectos emotivolaborais, así como de que aljún dos membros varonís do jrupo levan a cabo un proseso de desintoxicasión, para retomar again un proseso de intoxicasión baixo uns termos correctos e pachocheiros.

O cantante, en declarasións exclusivas e permisivas a esta páxina, afirmou:

Se me toca o euromillón, compro unha escopeta e lévome a catro ou sinco por diante.

Permanescan atentos. Non todo o chapapote é ouro!

Mellor que un Mersedes, unha desbrosadora!

Kenodí?! asinan un manifesto a favor da resaca xunto con outros artistas imaxinarios

Kenodí?! asinan un manifesto a favor da resaca xunto con outros artistas imaxinarios

De momento, no citado manifesto, só está a sinatura dos Kenodí?!.

O documento en si consiste nun post-it de color laranxa que leva o guitarrista pendurado entre o embigo e o seu propio pene.

Kenodí?! agarda que outros creadores ficticios se unan a esta nova proposta de carácter falso.

En declaracións a esta páxina, un transeúnte foi quen de declarar:

Tres por catro: marajota e media.

Sejiremos informando.

Aúpa Kenodí?!.

Kenodí?! non acompañará a Sepultura na súa próxima xira

Kenodí?! non acompañará a Sepultura na súa próxima xira

Kenodí?! atópase capasitado para afirmar a todo cristo que non acompañará a Sepultura na próxima xira. De feito, nin siquera sabe se Sepultura vai estar de xira. Pero para que non haxa confusión e tal, Kenodí?! adiántase aos rumores.

Tampouco colaborarán na construción de ningún dique nin de ningunha ponte.

Os Kenodí?! desenténdense.

Kenodí?! realisa o seu primeiro conserto

Kenodí?! realisa o seu primeiro conserto

Os inafortunados puideron comentar ao final da jam-session:

Os amijos non foden.

Sejiremous trabajandou en ellou...

Aúpa Kenodí?!

Kenodí?! non colaborará no novo disco de S.A.

Kenodí?! non colaborará no novo disco de S.A.

Pese aos rumores (rumore rumore...) que veñen saltando nas últimas datas, Kenodí?! pode confirmar ás bandadas de sejidores que os paran pola rúa que finalmente non colaborarán no sejinte disco de S.A.

En declarasións a este sitio, un dos membros explicou: "Ao pareser, baixarnos a discografía co Emule non era sufisiente mérito".

Kenodí?!, senembarjo, mantense co ánimo polas nubes. Aos Kenodí?! non lle fan falta esas cousas.

Kenodí?! se hisieron a si mismos.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Kenodí?! busca batera

Kenodí?! busca batera

Buscamos batera.

Si.

Porque non temos.

Así que se tes janas de faser cantidades incribles de faser barullo e de pasalo ben sen ninjún tipo de sensura de todo o que queiras faser, ponte en contacto con nós.

Deixa un comentario co teu correo ou páranos pola rúa e dinos: "E que lo? Cando empesamos?".

Dános ijual a idea que teñas de tocar e todo iso. A idea só é faser o que nos sala do pito/cona con instrumentos de por medio. Pasalo ben.

Así que se queres un jrupo para ir probando, xa sabes.

E se tes onde meternos a todos para ensaiar (jaraxe, terreo, finca abandoada, etc., xa chachi...).

Ala, ajardamos entusiasmados a túa incorporasión!

Saúde!

Aúpa Kenodí?!

Kenodí?! non tocará no Castelo Rock

Kenodí?! non tocará no Castelo Rock

Pese aos rumores que saltaron nas últimas datas, finalmente Kenodí?! non tocará no Castelo Rock en Muros.

Os motivos adusidos polo cantante do jrupo son os sejintes:

Era fásil. Se pensades que nunca ensaiamos e que non temos equipo, nin cansións, nin puta idea, nin nada...

O encarjado do jrupo de fans do jrupo, en declarasións a esta blog de merda, recoñeseu estar moi confuso:

Como? Non quedan xardas no congelador? Boh, pois haberá que faser unhas pisas de casa tarradellas.

Sejide ao loro, amijitos e amijitas.

Tracklist

Tracklist

Todos os temas descompostos por Kenodí?!

1.- De vellas que joden as pachangas e outras movidas praieiras

2.- Caries nas pelotas

3.- O home que se convertiu en adverbio de tempo

4.- Canción bonita e curta

5.- Sucedáneo de ano

6.- Kenodí?!

7.- Plastifícame

8.- Nunca máis cancións que falen do de Nunca Máis

9.- Seno queroseno e quero senos

10.- Os mil cincocentos anestesistas con Parkingson

11.- Pasear o can ás casetas

12.- E aberto e E pechado

13.- Un euro para o bus

14.- Casimiro apóstata

15.- Despedida sen bonus track

Estado actual

Estado actual

Sabemos que a dinámica dominante dentro do noso conxunto deixa moito que desexar, porque de feito somos un jrupo que non existe. Mais, dende aquí, queremos disir a toda a xente que dun ou outro xeito ten creada unha expectativa con nós que non desesperedes. Sabemos que a espera mereserá a pena, porque imos ser o mellor jrupo que pisou Jalisia nos últimos 40 anos, sejidos de serca por a orquestra Los Satélites.

A idea é que non temos equipo nin sitio pa ensaiar. Pero aljún dos membros xa van pensando temas novos para o jrupo, con todo o que de sicotrópico ten iso.

Así que, amijos e amijas dos Kenodí?!, non desesperedes. Cando menos o esperedes poderedes escoitar nesta web aljún dos nosos primeiros ensaios. Pero a saber cándo.

E o día que seamos quenes de tocar un so tema, orjanisamos un conserto.

Si, un conserto debut cun só tema. Cun par.

É unha parvada?

Quen o di?

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Kenodí?! non tocará no Viñarrock'07

Kenodí?! non tocará no Viñarrock'07

Finalmente Kenodí?! cáese do cartel do Viñarrock 2007.

Como puidemos saber a través do seu representante ilejal desavenensias coa orjanisasión do festival fixeron imposible que as súas deseas de fans poidan disfrutar do seu apabullante directo.

Sejundo declarasións do propio cantante do jrupo o tema foi:

Os da orjanisasión son uns pringaos. Nós só lles dixemos que se querían que tocasemos que nos rejalasen os instrumentos e aljo de equipo e os tipos "que no, que las cosas no son así" e nada. Ao carallo.

Dende acá queremos que a nosa ristra de fans non se asuste, pois en breve terá novas sobre as datas da próxima xira, a xa coñesida Xira Xirarei-como-a-roda-do-muíño 2007.

Estean atentos.

Benvida e un pouco de historia

Benvida e un pouco de historia

Benvidos, puñeteros hipervínculos da jalacsia adyacente.

Empesa aquí unha nova etapa da música nivel mundial.

Esta é e será a web de merda do jrupeto "Kenodi?!".

De que vai o de "Kenodí?!"? Como é que xurde este pseudo-jrupo musical?

Bien, echemos una mirada atrás.

Verán de 2005. Tras veren un conserto na praia do Castillo (Muros, distrito federal), a Félix e a Samuel empesa a írselles a chaveta:

-Boh, eses eran uns matados! Non a montaban un carallo.

-Mimá, se estivesemos aí si que fasíamos aljo de xeito.

E entón entrou a conclusión fodida que levou á idea do jrupo:

-Boh, se tocan estes podemos tocar nós.

Esa idea, en un prinsipio tan sinxela, parte do prinsipio incrible de "tocar un instrumento é cantidá de fásil". Un prinsipio que, moito tempo despois, sije sen ser así.

En fin.

Pois con esas empesamos a darlle ao makinillo e faser as nosas cábalas de quén se animaba ao asunto, dando como resultado a primeira formasión:

Félix- Vos de jalisia.
Inés- Jitarra.
Rocco- Baixo cuerda.
Samo- Jitarra.
Xamy- Batería de cosiña.

Tras un proseso evolutivo inexistente, as mentes pensantes do jrupo desiden cambiar ao batería por un gemelo, Raúl concretamente.

Iso si, recoñesémoslle a Xamy a invensión do nome do jrupo. Feito que sacaremos á lus máis adiante, por darlle un pouco de emosión ao asunto.

Será aí cando teñan lujar os primeiros ensaios e, até ajora, os últimos ensaios, dos Kenodí?!. Estes ensaios relisaríanse no baixo da casa de Félix e nun cuchitril do Fogareiro.

O único que consijen faser nestes ensaios e unha pseudo versión punk de "With or without you" e aljo paresido a "The beautiful people" (que acabarán chamando "The beautiful pipas", no que será unha homenaxe por adiantado á fijura de Agus).

Desalentados e recapasitando desiden tomar as cousas máis de tranquis.

Entón comesan os primeiros cristos. Raúl o Gemelo é invitado a irse á súa casa co cal se fai unha carambola lamarde estraña mediante a cal a formasión pasa a ser a que sije:

Félix- Vos cantante.
Inés- Jitarra electrónica.
Rocco- Batería do móbil.
Juanca- Baixo sospecha.
Samo- Jitarra manual.

Neste estado a formasión resaltará por a súa pouca vontade de faser nada de nada.

Non se sabe canto tempo despois, e recoñesendo jraves erros de xestión, Juanca desidirá abandoar o barco e Rocco volverá ao sitio que nunca debeu abandoar. Quedando o tema así:

Félix- Vos queanimado.
Inés- Jitarra de boa familia.
Rocco- Baixo presión.
Samo- Jitarra de xojete.

E así están as cousas até a data presente. Un jrupo que non ensaiou un soa ves de xeito, no que o baixo non ten baixo, no que non temos lujar para ensaiar e no que non temos nin aljén que toque a batería nin nada semellante.

Pero a nós non nos preocupa. Porque somos os putos Kenodí?!

-Eh! Pero iso non é un jrupo nin é nada!
-Kenodí?!

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres