|
Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2009. Kenodí?! poderían estar a preparar a súa volta aos essenarios e corredoiras![]() Sejundo puidemos saber desta case extinta páxina, os Kenodí?! están a maquinar a idea de volver a dar noxo por aí adiante. O asunto dependerá de sertos aspectos emotivolaborais, así como de que aljún dos membros varonís do jrupo levan a cabo un proseso de desintoxicasión, para retomar again un proseso de intoxicasión baixo uns termos correctos e pachocheiros. O cantante, en declarasións exclusivas e permisivas a esta páxina, afirmou: Se me toca o euromillón, compro unha escopeta e lévome a catro ou sinco por diante. Permanescan atentos. Non todo o chapapote é ouro! Mellor que un Mersedes, unha desbrosadora! Lunes, 21 de Septiembre de 2009 15:14 Autor: kenodi. Enlace permanente. Tema: Nius! Hay 2 comentarios. Kenodí?! en Maiespéis![]() Sen previo aviso e froito dun aburrimento espeso, os Kenodí?! lansan ao espasio interior unha páxina na coñesida turbocarallada Maiespéis. O motivo deste novo e incoherente paso na carreira do mellor jrupo da sona oeste europea non é outro que un domingo sen resaca (diosnoslibredeles). O endereso polo que vos teredes que deixar caer évos: http://www.myspace.com/kenodigz Nesta movida eléctronica poderedes escoitar os temas inexistentes da banda para comprobardes a incapasidade artística plena e a pouca jaña de mellorar que posúen. Polo de agora xa podedes escoitar un dos primeiro temas daquel selebérrimo Tracklist que presentaran hai tempo xa neste bloguiño: Canción curta e bonita. Na acto de presentasión do asunto en cuestión, puidemos ver ao jrupeto acompañado dos seus amijos máis achejados e doutras manadas de curiosos e imbésiles en xeral. En declarasións a este blogue, o cantante e alma máter dos Kenodí?! afirmou: E isto? A min ninjén me avisou! Os Kenodí?! sempre na llama da tecnoloxía a rentes de chan! Domingo, 27 de Septiembre de 2009 12:18 Autor: kenodi. Enlace permanente. Tema: Nius! Hay 1 comentario. |
Kenodí?!TemasArchivos
Enlaces |